Grazas á Policía Local, ao Poli Paco, a asociación Andarela, aos comercios da nosa Vila, as súas xentes, ás paradas da Praza de Abastos, a todas e todos os que fixéchedes posible coñecer o outro Sanxenxo, quizáis a cara máis fermosa do noso pobo.
A entrevista é unha das actividades
da lingua que se pode levar a termo dende o libro de texto facendo os
exercicios como sempre se fixo ou traballala como un proxecto de aula de xeito
interdisciplinar. Para elo xuntámonos por equipos e deseñamos o produto final
coa visita á nosa radio escolar “radio caramuxo” do Ilmo. Sr. Alcalde de
Sanxenxo Telmo Martín e de Dona Paz Lago a Concelleira de Cultura e Educación.
Foi unha experiencia moi motivadora,
dende o inicio as nenas e nenos decidiron as preguntas a facer a partir dunha
batería de ideas, logo escolleron entre todos as máis interesantes. Pasaron
pola aula de informática para pasalas a un word, e posteriormente fixeron o
guión da sesión de radio. Crearon a Gaceta A Florida de Información (A G.A.F.I.). Todo un choio.
Como xa víchedes eles gravaron coa cámara, fixeron as fotos, entrevistaron, tomaron notas das respostas, identificados coas tarxetas de prensa personalizadas e os chaleques identificativos. Impresionante ytaballo que lles levou varias sesións.
Este traballo xurde do interese das alumnas e alumnos da clase de
4º que deciden xunto co titor escribir un texto compartido entre eles aportando
ideas en conxunto na aula. Comezaron cun borrador e foron engadindo a trama ata
que colleron o fío que máis lle foi chamando a atención.
Despois de moito borrador,
foron a aula de informática para no procesador de textos ir escribindo todo
aquilo que tiñan nas follas en forma de anotacións, pouco a pouco foise
conformando un traballo moi interesante.
Unha vez rematado puxeron as
imaxes e logo imprimiuse para facer a encadernación en formato libro.
Finalmente dixitalizado o traballo aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!
Fixemos a visita á aula de natureza do Monte Siradella. Visitamos os humedais e recibimos, como escola, o premio de "Embaixador dos Humedais" pola divulgación e o traballo feito dende hai anos.
Bicos a moreas!
Estes nenos e nenas, estes mestres, esta escola merecen unha ola!