luns, 18 de xuño de 2018

Entrevista na nosa radio


A entrevista é unha das actividades da lingua que se pode levar a termo dende o libro de texto facendo os exercicios como sempre se fixo ou traballala como un proxecto de aula de xeito interdisciplinar. Para elo xuntámonos por equipos e deseñamos o produto final coa visita á nosa radio escolar “radio caramuxo” do Ilmo. Sr. Alcalde de Sanxenxo Telmo Martín e de Dona Paz Lago a Concelleira de Cultura e Educación.
Foi unha experiencia moi motivadora, dende o inicio as nenas e nenos decidiron as preguntas a facer a partir dunha batería de ideas, logo escolleron entre todos as máis interesantes. Pasaron pola aula de informática para pasalas a un word, e posteriormente fixeron o guión da sesión de radio. Crearon a Gaceta A Florida de Información (A G.A.F.I.). Todo un choio.


Como xa víchedes eles gravaron coa cámara, fixeron as fotos, entrevistaron, tomaron notas das respostas, identificados coas tarxetas de prensa personalizadas e os chaleques identificativos. Impresionante ytaballo que lles levou varias sesións.
Seguro sairán periodistas de renome, ben seguro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario