luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

          Hoxe celebramos o Día Mundial dos Océanos. Reflexionemos sobre a importancia de coidalos.

 

martes, 12 de maio de 2020

Traballo de Música!

COREOGRAFÍA PARA A CONMEMORACIÓN 
DAS
LETRAS GALEGA2020

Aquí podes ver a coreografía ao completo:

A mestra Noelia pediu unha muiñeira, aquí vos deixo a miña! 



Agora en serio! 
Anímate que queremos facer un vídeo xigante con todas e todos! 
Esperámoste! 

Ensaia todo o que precises e cando xa a sepas 
grávate en vídeo en horizontal e envíamo ao correo: 
musicafloridanoelia@gmail.com

Se non che carga no correo envíamo por PCloudTransfer 
(Non hai que rexistrarse nin crear conta, é moi sinxelo.)

Veña ánimo!



sábado, 9 de maio de 2020

Temos o mellor!

IMPRESIONANTE!
E sobre todo pura verdade! Sentidiño!
Se temos a mellor xente, xa sabedes: máscara e luvas, dous metros de separación e pensemos nos demáis.
Feixes de apertas e bicos a moreas!

martes, 28 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, queremos facer un Booktube entre todas e todos dende as nosas casas, para recomendarvos unha serie de libros que nos gustaron e dende aquí decirvos a todas e todos que axíña nos veremos!



Feliz Día do Libro confinado!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

DÍA DA TERRA

Coidemos o noso planeta!!

venres, 17 de abril de 2020

Para cando remate este pesadelo!


Os maios en cuarentena?

Nooon. Nós ímolo facer igual!

APETÉCEVOS CANTAR O MAIO?

Pois comezamos...


1.- Inventa unha copla con esta estructura 8 - 7a - 8- 7a.

2.- Agora toca cantar.
3.- Debedes comezar e rematar tocando as claves, culleres de pau, palmas...o ritmo que sempre faciamos no cole (ta - ta - titi - ta).
4. Grabade a vosa actuación e da montaxe encargámonos nós!
 

QUE VIVA O MAIO DA FLORIDA!!!

A data límite para entregar o vídeo será o luns 27 de abril.


Enviade o vídeo en horizontal e a letra da copla a: 

ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Aquí vos deixamos un exemplo de como facelo! Hai unha copla e a base musical para que probedes vós!




Cando acabe a coarentena
moito imos disfrutar,

poderemos ir a praia
e todos xuntos xogar,

poderemos ir a paria 
e todos xuntos xogar.


Veña anímate a participar!

luns, 6 de abril de 2020

Ánimo compis!

Vídeos enviados polas nenas e nenos da escola para darse ánimos!


Podemos conseguilo xuntos! Ánimo.

sábado, 4 de abril de 2020

EXPERIMENTO CICLO DA AUGA



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


1.- Elixe un libro que che encante e teñas abandonado na túa casa.
2.- Envólveo e engalánao para a súa cita a cegas con un neo do cole.
3.- Pégalle unha tarxeta con datos do libro, sin desvelar moita información, pero creando intriga e desexo por ver o libro que hai dentro.
4.- Cando volvamos ao cole, teremos citas a cegas cos libros que engalanen os noso compañeiros e profes do cole.

ANIMÁDEVOS!! 

domingo, 29 de marzo de 2020

venres, 27 de marzo de 2020

E nós tamén quedamos na casa!

As gambas do ecosistema vivo, as formigas e as xoaniñas, tamén quedamos na casa!



Bicos a moreas!

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS COMPLEMENTARIAS




EXPERIMENTO TORNADO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Meteoroloxía. Intentáo con este experimento divertido! Pide axuda a un adulto para facer os buratos nos tapóns das botellas. Podes substitutir as pastillas colorantes por calquer colorante alimenticio.

 



sábado, 21 de marzo de 2020

Hoxe escoitando música, encantoume esta canción.


Bicos a moreas e feixes de apertas. Coidádevos!

luns, 16 de marzo de 2020

ÁNIMO


RECOMENDACIÓNS PARA ORGANIZAR O TRABALLO



Imos estar moito tempo metidos na casa, polo que é recomendable que fagades actividades variadas. Necesitades adicar un tempo diario ás tarefas do cole, que non vai ser tanto tempo como o que pasades no cole xa que é un traballo máis intensivo, pois faltan explicacións do mestre, tempos de organizar o traballo, tempo para dúbidas, explicacións, repasos, traballos, biblioteca…
Eu recoméndovos que poñades un horario fixo de traballo para facer as tarefas da escola en horario de mañá. Podedes empezar ás 10:00, buscar un lugar tranquilo e ben iluminado e traballar en intervalos de 30 minutos, descansando 10.
A continuación fágovos un exemplo que podedes seguir, pero cada un que se organice en función das súas posibilidades e circunstancias.
Traballo do cole de 10:00 a 10:30
Descanso  de 10:30  a 10:40 (camiñar pola casa, bailar, facer alguna tarefa do fogar, recortar, sair ao xardín, si tedes a sorte de telo…)
Traballo do cole de 10:40 a 11:10
Descanso  de 11:10 a 11:20(xogo de mesa, crucigrama, saltar á corda, tocar un instrumento musical…)
Traballo do cole de 11:20 a 12:00
Merenda e xogo libre de 12:00 a             12:30
Traballo do cole  de 12:30 a 13:00

Tamén debedes buscar un rato para ler (alomenos 30 minutos diarios)

Todas as tarefas que vos iremos poñendo na web do cole están indicadas para os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26  e 27 de marzo.

Podedes consultalas no Blog do 2º ciclo ou nos recursos de cada área.


COMO ACCEDER ÁS TAREFAS SNAPPET?



1.- Poñer Snappet no buscador de Google.

2.- Clicar en Snappet ES: Inicio
 
3.- Clicar en almnos.

4.- Introduce o teu usuario e contrasinal. 
   
  
5.- Elixe a materia e exercicios indicados pola túa titora e…a traballar!

luns, 9 de marzo de 2020

Floriciencia

Experiencias de ciencia aplicada, dende infantil ata primaria, neste caso 4º de Infantil e 3º de primaria, traballo cooperativo, titorización entre compañeiros, etc.. Club de Ciencia e Aula Maker.



Bicos a moreas!