domingo, 29 de marzo de 2020

venres, 27 de marzo de 2020

E nós tamén quedamos na casa!

As gambas do ecosistema vivo, as formigas e as xoaniñas, tamén quedamos na casa!



Bicos a moreas!

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS COMPLEMENTARIAS




EXPERIMENTO TORNADO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Meteoroloxía. Intentáo con este experimento divertido! Pide axuda a un adulto para facer os buratos nos tapóns das botellas. Podes substitutir as pastillas colorantes por calquer colorante alimenticio.

 



sábado, 21 de marzo de 2020

Hoxe escoitando música, encantoume esta canción.


Bicos a moreas e feixes de apertas. Coidádevos!

luns, 16 de marzo de 2020

ÁNIMO


RECOMENDACIÓNS PARA ORGANIZAR O TRABALLO



Imos estar moito tempo metidos na casa, polo que é recomendable que fagades actividades variadas. Necesitades adicar un tempo diario ás tarefas do cole, que non vai ser tanto tempo como o que pasades no cole xa que é un traballo máis intensivo, pois faltan explicacións do mestre, tempos de organizar o traballo, tempo para dúbidas, explicacións, repasos, traballos, biblioteca…
Eu recoméndovos que poñades un horario fixo de traballo para facer as tarefas da escola en horario de mañá. Podedes empezar ás 10:00, buscar un lugar tranquilo e ben iluminado e traballar en intervalos de 30 minutos, descansando 10.
A continuación fágovos un exemplo que podedes seguir, pero cada un que se organice en función das súas posibilidades e circunstancias.
Traballo do cole de 10:00 a 10:30
Descanso  de 10:30  a 10:40 (camiñar pola casa, bailar, facer alguna tarefa do fogar, recortar, sair ao xardín, si tedes a sorte de telo…)
Traballo do cole de 10:40 a 11:10
Descanso  de 11:10 a 11:20(xogo de mesa, crucigrama, saltar á corda, tocar un instrumento musical…)
Traballo do cole de 11:20 a 12:00
Merenda e xogo libre de 12:00 a             12:30
Traballo do cole  de 12:30 a 13:00

Tamén debedes buscar un rato para ler (alomenos 30 minutos diarios)

Todas as tarefas que vos iremos poñendo na web do cole están indicadas para os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26  e 27 de marzo.

Podedes consultalas no Blog do 2º ciclo ou nos recursos de cada área.


COMO ACCEDER ÁS TAREFAS SNAPPET?



1.- Poñer Snappet no buscador de Google.

2.- Clicar en Snappet ES: Inicio
 
3.- Clicar en almnos.

4.- Introduce o teu usuario e contrasinal. 
   
  
5.- Elixe a materia e exercicios indicados pola túa titora e…a traballar!

luns, 9 de marzo de 2020

Floriciencia

Experiencias de ciencia aplicada, dende infantil ata primaria, neste caso 4º de Infantil e 3º de primaria, traballo cooperativo, titorización entre compañeiros, etc.. Club de Ciencia e Aula Maker.



Bicos a moreas!