sábado, 28 de abril de 2018

Os enredos do mar

Este traballo xurde do interese das alumnas e alumnos da clase de 4º que deciden xunto co titor escribir un texto compartido entre eles aportando ideas en conxunto na aula. Comezaron cun borrador e foron engadindo a trama ata que colleron o fío que máis lle foi chamando a atención.
Despois de moito borrador, foron a aula de informática para no procesador de textos ir escribindo todo aquilo que tiñan nas follas en forma de anotacións, pouco a pouco foise conformando un traballo moi interesante.
Unha vez rematado puxeron as imaxes e logo imprimiuse para facer a encadernación en formato libro. Finalmente dixitalizado o traballo aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!