martes, 28 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, queremos facer un Booktube entre todas e todos dende as nosas casas, para recomendarvos unha serie de libros que nos gustaron e dende aquí decirvos a todas e todos que axíña nos veremos!



Feliz Día do Libro confinado!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

DÍA DA TERRA

Coidemos o noso planeta!!

venres, 17 de abril de 2020

Para cando remate este pesadelo!


Os maios en cuarentena?

Nooon. Nós ímolo facer igual!

APETÉCEVOS CANTAR O MAIO?

Pois comezamos...


1.- Inventa unha copla con esta estructura 8 - 7a - 8- 7a.

2.- Agora toca cantar.
3.- Debedes comezar e rematar tocando as claves, culleres de pau, palmas...o ritmo que sempre faciamos no cole (ta - ta - titi - ta).
4. Grabade a vosa actuación e da montaxe encargámonos nós!
 

QUE VIVA O MAIO DA FLORIDA!!!

A data límite para entregar o vídeo será o luns 27 de abril.


Enviade o vídeo en horizontal e a letra da copla a: 

ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Aquí vos deixamos un exemplo de como facelo! Hai unha copla e a base musical para que probedes vós!




Cando acabe a coarentena
moito imos disfrutar,

poderemos ir a praia
e todos xuntos xogar,

poderemos ir a paria 
e todos xuntos xogar.


Veña anímate a participar!

luns, 6 de abril de 2020

Ánimo compis!

Vídeos enviados polas nenas e nenos da escola para darse ánimos!


Podemos conseguilo xuntos! Ánimo.

sábado, 4 de abril de 2020

EXPERIMENTO CICLO DA AUGA



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


1.- Elixe un libro que che encante e teñas abandonado na túa casa.
2.- Envólveo e engalánao para a súa cita a cegas con un neo do cole.
3.- Pégalle unha tarxeta con datos do libro, sin desvelar moita información, pero creando intriga e desexo por ver o libro que hai dentro.
4.- Cando volvamos ao cole, teremos citas a cegas cos libros que engalanen os noso compañeiros e profes do cole.

ANIMÁDEVOS!!