luns, 16 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA ORGANIZAR O TRABALLO



Imos estar moito tempo metidos na casa, polo que é recomendable que fagades actividades variadas. Necesitades adicar un tempo diario ás tarefas do cole, que non vai ser tanto tempo como o que pasades no cole xa que é un traballo máis intensivo, pois faltan explicacións do mestre, tempos de organizar o traballo, tempo para dúbidas, explicacións, repasos, traballos, biblioteca…
Eu recoméndovos que poñades un horario fixo de traballo para facer as tarefas da escola en horario de mañá. Podedes empezar ás 10:00, buscar un lugar tranquilo e ben iluminado e traballar en intervalos de 30 minutos, descansando 10.
A continuación fágovos un exemplo que podedes seguir, pero cada un que se organice en función das súas posibilidades e circunstancias.
Traballo do cole de 10:00 a 10:30
Descanso  de 10:30  a 10:40 (camiñar pola casa, bailar, facer alguna tarefa do fogar, recortar, sair ao xardín, si tedes a sorte de telo…)
Traballo do cole de 10:40 a 11:10
Descanso  de 11:10 a 11:20(xogo de mesa, crucigrama, saltar á corda, tocar un instrumento musical…)
Traballo do cole de 11:20 a 12:00
Merenda e xogo libre de 12:00 a             12:30
Traballo do cole  de 12:30 a 13:00

Tamén debedes buscar un rato para ler (alomenos 30 minutos diarios)

Todas as tarefas que vos iremos poñendo na web do cole están indicadas para os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26  e 27 de marzo.

Podedes consultalas no Blog do 2º ciclo ou nos recursos de cada área.


Ningún comentario:

Publicar un comentario