domingo, 22 de marzo de 2020
EXPERIMENTO TORNADO
Hoxe celebramos o Día Mundial da Meteoroloxía. Intentáo con este experimento divertido! Pide axuda a un adulto para facer os buratos nos tapóns das botellas. Podes substitutir as pastillas colorantes por calquer colorante alimenticio.
sábado, 21 de marzo de 2020
martes, 17 de marzo de 2020
luns, 16 de marzo de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA ORGANIZAR O TRABALLO
Imos estar moito tempo metidos na casa, polo que é
recomendable que fagades actividades
variadas. Necesitades adicar un tempo diario ás tarefas do cole, que non vai ser tanto tempo como o que pasades no
cole xa que é un traballo máis intensivo, pois faltan explicacións do mestre,
tempos de organizar o traballo, tempo para dúbidas, explicacións, repasos,
traballos, biblioteca…
Eu recoméndovos que poñades un horario fixo de traballo para facer as tarefas da escola en horario
de mañá. Podedes empezar ás 10:00, buscar un lugar tranquilo e ben iluminado e
traballar en intervalos de 30 minutos, descansando 10.
A continuación fágovos un exemplo que podedes seguir, pero cada un que se organice en
función das súas posibilidades e circunstancias.
Traballo
do cole de 10:00 a 10:30
Descanso de 10:30
a 10:40 (camiñar pola casa, bailar, facer alguna tarefa do fogar,
recortar, sair ao xardín, si tedes a sorte de telo…)
Traballo
do cole de 10:40 a 11:10
Descanso de 11:10 a 11:20(xogo de mesa, crucigrama,
saltar á corda, tocar un instrumento musical…)
Traballo
do cole de 11:20 a 12:00
Merenda
e xogo libre de 12:00 a 12:30
Traballo
do cole de 12:30 a 13:00
Tamén
debedes buscar un rato para ler (alomenos
30 minutos diarios)
Todas
as tarefas que vos iremos poñendo na web do cole están indicadas para os días
16, 17, 18, 23, 24, 25, 26 e 27 de
marzo.
Podedes
consultalas no Blog do 2º ciclo ou nos recursos de cada área.
COMO ACCEDER ÁS TAREFAS SNAPPET?
1.- Poñer Snappet no
buscador de Google.
2.- Clicar en Snappet ES: Inicio
3.- Clicar en almnos.
4.- Introduce o teu usuario
e contrasinal.
5.- Elixe a materia e exercicios indicados pola túa titora
e…a traballar!
luns, 9 de marzo de 2020
Floriciencia
Experiencias de ciencia aplicada, dende infantil ata primaria, neste caso 4º de Infantil e 3º de primaria, traballo cooperativo, titorización entre compañeiros, etc.. Club de Ciencia e Aula Maker.
Bicos a moreas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







