Bicos a moreas!
domingo, 18 de febreiro de 2018
luns, 5 de febreiro de 2018
Día da Paz na escola
O martes 30 celebramos xuntos no patio o Día da Paz cantando a versión en galego da canción de Roberto Carlos "Un millón de amigos".
Bicos a moreas!
sábado, 3 de febreiro de 2018
Visita á aula de Natureza de Siradella
Fixemos a visita á aula de natureza do Monte Siradella. Visitamos os humedais e recibimos, como escola, o premio de "Embaixador dos Humedais" pola divulgación e o traballo feito dende hai anos.
Bicos a moreas!
Visita ao Monte do castro
En novembro fixemos unha visita ao Monte de Castro para saber moito máis dos nosos devanceiros e da Cultura Castrexa.
Bicos a moreas!
xoves, 4 de xaneiro de 2018
Nadal na escola 2107
Tócanos a nós! Ás rapazas e rapaces de Primaria, para que teñades un Bo Nadal e disfrutedes das nosas Panxoliñas. Ollade como o pasamos.
Agora teremos que pedirlle aos Reis de Oriente unha boa cámara de fotos e vídeo, para os grandes eventos, pois estas xa non dan máis de si.
Feliz Ano 2018
luns, 11 de decembro de 2017
Encontro Intercentros de Trompos
Este xoves 30 xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.
Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.
Bicos a moreas!
xoves, 23 de novembro de 2017
III Outono fotográfico
Unha vez máis recollemos as imaxes, a luz e as cores dunha estación moi fermosa na nosa terra. Milleiros de grazas a todas e todos por facer posible esta experiencia.
Bicos a moreas!
mércores, 15 de novembro de 2017
Samaín en 3º
FELIZ SAMAÍN! HAPPY HALLOWEEN! EN 3º
O venres celebramos o Samaín e fumos a Educación Infantil a ler contos de medo.Pasámolo moi ben!


Se queredes ver todas as imaxes ide ao blog de EDLG
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





